Dalle voz ás túas mans!

13/01/2014

Compartir:

Facebook de Esgalla Creacións Twitter de Esgalla Creacións

A partires do 31 de Xaneiro e durante dúas fins de semana, ofreceremos no espazo Musicoterapiactiva un curso intensivo de 30 horas sobre comunicación básica en Lingua de Signos, impartido polas intérpretes e formadoras Gema Santos e Irene Íñiguez.

Gema Santos formouse como Intérprete de Lingua de Signos e Guía Intérprete de Persoas Xordocegas na Fundación CNSE (Madrid). Complementou a súa formación con cursos específicos para intérpretes dentro do Movemento Asociativo de Persoas Xordas e nos ámbitos educativo e sanitario (FAXPG, A Coruña). Dende 2009 traballa como formadora de Lingua de Signos.

Irene Íñiguez é Intérprete de Lingua de Signos e Guía Intérprete de Persoas con Xordocegueira. Nestes últimos anos desenvólvese profesionalmente no ámbito da Docencia da Lingua de Signos e na Mediación Comunicativa para Persoas con Xordocegueira, colaborando así para diferentes entidades e organizacións tanto públicas como privadas.

Abaixo déixovos o cartel con todos os detalles. Se queredes máis información ou formalizar a vosa reserva (son prazas limitadas), contactade a través do noso correo: info@musicoterapiactiva.com, ou vía telefónica chamando ao 635426766.

Cartel Curso Lingua Signos