Canto prenatal

28/08/2014

«Melodías familiares» en Arteixo con Ong Mestura

Imos pechando os preparativos do novo curso con moi boas novas!

Unha vez máis, Ong Mestura volve contar coa colaboración de Musicoterapiactiva para levar a cabo a xornada de  «Melodías familiares» no Concello de Arteixo.

Novamente levaremos a cabo a actividade para mulleres embarazadas e /ou con pequenos ata 2 anos do concello de Arteixo.

Alí vos agardamos con moita ilusión, con moitas ganas de ofrecer este acompañamento sonoro novamente.

Musicoterapiactiva_Melodías familiares_Ong Mestura_Concello de Arteixo

A Ong Mestura leva desenrolando a súa actividade dende o 2003, e ten por obxectivo prestar atención as necesidades das persoas emigrantes e inmigrantes retornados. Da man deste xenial equipo, xurden unha morea de propostas que merece a pena coñecer. Déixovos a súa páxina web para que indaguedes.

Ong Mestura

Vémonos en Arteixo!!

Seguir leyendo